Spinoza: De la física a la Historia








 

A FUNDACIÓN DA SOBERANíA DEMOCRÁTICA NA FILOSOFíA POLÍTICA MODERNA (EN HOMENAXE Ó CIDADÁN HOLANDÉS, DE ORIXE PORTUGUÉS, BARUCH DE ESPINOSA)

Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela
Area de Filosofía Moral e Política do Campus de Lugo
Lucus augusti, 26-27-28 de Outubro de 2006

ESPINOSA E A DEMOCRACIA MODERNA

     Baixo o título xeral (e subtítulo específico) anteriormente referidos, neste simposio, que celebrarase na derradeira semana do mes de outubro na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, temos garantida a presencia como relatores dalgúns dos maiores expertos internacionais nesta cuestión, en xeral de fala portuguesa e con particular presencia de docentes e investigadores das Universidades de Minho, Tras os Montes e Alto Douro. Mais tamén haberá unha presencia moi representativa doutros destacados relatores das Universidades de Lisboa, Nova de Lisboa, Aveiro, Porto e São Paulo, ademais dunha desatacada mostra de expertos europeos doutras universidades, como Hans W. Blom, da Universidade Ersamus de Rotterdam.

     Contra o sentido común dominante no pesimismo político do seu século, contra a tradición filosófica representada polos nomes de Suárez, Altusio, Grocio ou Hobbes, e contra as teses que presidían a discusión teórica holandesa da época, Espinosa amosou ó longo da sua obra, ó mesmo tempo monumental e profundamente unitaria, que o mais natural dos réximes políticos é a democracia (no cal se realiza o desexo de todo ser human de gobernar a non ser gobernado), e non a monarquía absoluta; que non so os pobos, senón ós gobernos, ós que é preciso temer cando no son eles os que temen, e que nada pode haber mais perigoso para a liberdade, a seguridade e a paz da república que a fundamentación teolóxica da política. Baixo a rúbrica mais directa “Espinosa e a democracia moderna”, ademais dun xustificado homenaxe a un dos maiores e mais actuais filósofos de todos os tempos, de pais portugueses, perséguese, por unha banda, o recoñecemento do primeiro filósofo que na modernidade atrevese a pensar a fondo e en profundidade , a democracia como “o mais natural dos réximes políticos”, e, por outra, a percorrer unha viaxe, no só polos seus grandes textos, senón tamén polos da filosofía política moderna e contemporánea en xeral (de Maquiavelo a Hobbes e Espinosa; de Leo Strauss a Carl Schmitt e Michael Foucault, entre tantos mais), na procura de contribuír a reflexión sobre a xenealoxía da modernidade e sobre a diagnose da crise contemporánea relativa a cuestión da soberanía e do Estado (o que nos gustamos chamar “a crise do Leviatán : a soberanía en cuestión ou a cuestión da soberanía”), i.e., do lugar da política estrictamente considerada. Polo demais, o tema actual e urxente da globalización (mundialización económica e uniformación cultural), que ten posto en evidencia a crise do Estado moderno, entendido como único depositario da soberanía e como único suxeito da política mundial, ocupa un lugar destacado. Do mesmo xeito ó tempo que tomamos conciencia da problematicidade contemporánea do concepto de cidadanía e, por qué non, de pluri-ciudadanía ou multi-cidadanía (Galiza/España/Europa), o análise do problema teolóxico-político como fondo decisivo no apoxeo e na crise de tal Estado, axúdaranos a re-pensar que, quizais, non exista ningunha cuestión de soberanía política que non sexa ao mesmo tempo --ó parecer-- unha cuestión, nalgunha medida, aínda “teolóxica”.

     Nin qué dicir ten que, xunto ó interese científico desta reunión, a recepción na nosa cidade de moitos dos membros do Seminario Spinoza , catedráticos e profesores de moitas universidades españolas, portuguesas, brasileiras e europeas en xeral, contribuirá, sen dúbida, a prestixiar a Facultade de Humanidades, o noso Campus e, por extensión, a propia Universidade de Santiago de Compostela. Mias tamén a promover o necesario e xusto re-coñecimiento dunha cidade como a nosa, a mais antiga do noso pais, cun patrimonio histórico, arqueolóxico e artístico de primeira magnitude, que poucas vilas da península son quén de atesourar. En calquera caso, a axuda orzamentaria que as entidades patrocinadoras están a prestarnos garantiran a realización dunha reunión científica internacional nos termos proxectados que, xa por si mesmos, xustificaran os nosos esforzos, pola dimensión das personalidades que acudiran a cidade e a repercusión que o Simposio terá sen dúbida a través da rede das sociedades científicas análogas de Europa (Holanda, Alemana, Francia, Italia) e América (EE.IU., Canada, Arxentina, Brasil).

 

Web mantenido y actualizado por el Área de Tecnología y Comunicaciones. Modificado: 24/10/2006 16:46:13

Universidad de Castilla-La Mancha